Este curso tiñamos programado como celebración de Nadal facer unha saída por Taragoña e Araño para cantarlles panxoliñas aos veciños destes dous lugares, pero por mor da chuvia prevista para o venres tivemos que cambiar de plans no último momento e preparar un festival en tempo record.
Ao final, como os nenos e nenas do cole son uns artistas, saiu todo ben e, o máis importante, pasárono xenial cantando e bailando para os compañeiros e as familias.
Os rapaces do quinto pino B tiveron unha chea de actuacións: a canción de Frozen versionada ao noso estilo, cantares de reis, unha canción en inglés, o baile de Bang, bang... Case non se nota que ás profes de 5º B nos encantan os festivais, a que
non? Se parece que o pasamos mellor nós ca eles, e podemos asegurar que
eles o pasan moi ben con todo isto.
En definitiva, hoxe foi un día especial para todas e todos os que formamos parte do Brea Segade, porque grazas á implicación e esforzo conxunto de profes e alumnos, conseguimos facer un festival que, aínda que tivo que ser case improvisado e preparado a correr en pouquísimo tempo, resultou moi divertido..
Agardamos que o disfrutárades tanto coma nós e queremos desexarvos bo Nadal e feliz 2016 a todos e todas!
Andrea e Isa
O festival foi xenial, todos o pasamos de maravilla e ademáis os de quinto b tuvemos que andar de aquí para alá. En definitiva solo hai que dicir que este festival foi bastante ben feito a partir de que solo tivemos unha semana para preparalo.
ResponderEliminarRocío Buela Fungueiriño.
Tes razon Rocio.
EliminarSandra Marcuño Riveiro
O festival de nadal foi o mellor festival de toda a miña vida, sobre todo por que os de 5°B bailamos unha canción e, para min, quedou moi ben, aínda que os demais non pensen igual. Tamén cantamos varias cancións e a miña preferida foi "o nadal, o nadal..."
ResponderEliminarEn resumo, que quero que sexa así tódolos anos.
Noelia Miguéns Castaño 5°B
Os de 5°B tivemos moito traballo aquí, alí... pero conseguímolo rápido e ben.
ResponderEliminarNoelia Miguéns Castaño 5°B