Un climograma é un gráfico, como o que ves na imaxe. Nel represéntanse as precipitacións e temperaturas que houbo nun lugar ao longo dun ano. Aprende máis sobre os climogramas e practica coa seguinte actividade:
O TEMPO ATMOSFÉRICO
A LUZ
Segue practicando sobre a luz coas actividades que fixemos en clase:
A MATERIA E A ENERXÍA
Repasa e amplía o aprendido sobre este tema na aula con esta actividade:
A REPRODUCIÓN DAS PLANTAS
Amplía os teus coñecementos con esta actividade:
A REPRODUCIÓN HUMANA
A reprodución é o proceso que permite aos seres vivos ter descendentes.
Repasa o estudiado na clase con esta actividade:
ENCRUCILLADOS
Pica no tema que prefiras e repasa os distintos contidos de Coñecemento con estes encrucillados interactivos:
ANIMAISA AUGA
A FUNCIÓN DE NUTRICIÓN
A función de nutrición é o conxunto de procesos que realiza o noso corpo para obter nutrientes dos alimentos e osíxeno do aire, distribuír os nutrientes e o osíxeno polo corpo e expulsar os refugallos.
Na función de nutrición interveñen o aparato dixestivo, o aparato respiratorio, o aparato circulatorio e o aparato excretor.
Repasa o que aprendiches en clase sobre a función de nutrición con esta actividade:
ALIMENTACIÓN E SAÚDE
Os alimentos clasifícanse en:
ENERXÉTICOS: Son os alimentos que nos proporcionan enerxía. Son ricos en hidratos de carbono e graxas, por exemplo, o azucre e o aceite.
CONSTRUTIVOS: Son os alimentos que nos axudan a medrar e a reparar o corpo. Son ricos en proteínas, por exemplo, a carne, o peixe, os ovos ou o leite.
REGULADORES: Son os alimentos que axudan a que o corpo funcione ben. Son ricos en vitaminas, minerais e fibra vexetal, por exemplo, as verduras e as froitas.
Repasa e amplía os teus coñecementos sobre a alimentación saudable e os tipos de alimentos con esta actividade:
Naturais é a miña asignatura preferida de todas. Encántame facer exames de Naturais, pero teño que controlar as faltas.
ResponderEliminarOs climogramas mola moito facelos e tamén son moi fáciles. Non estou segura de se o climograma é de sociais ou de naturais(creo que son de sociais) pero, en calquera caso, sempre me van gustar os climogramas.
ResponderEliminarNoelia Miguéns Castaño 5ºB