Esta semana a nosa cociñeira Noelia explícanos como elaborar un delicioso polo guisado con patacas.
INGREDIENTES:
- polo
- patacas
- cebola
- pemento
- cenoria
- allo
- azafrán
- viño branco
- aceite
- auga
- sal
- Poñemos unha cazola no lume con aceite e douramos o polo.
- Botamos na cazola o allo e a cebola ben picados e deixamos que se fagan.
- Engadimos o pemento e a cenoria picados tamén.
- Botamos un chorro de viño de branco e deixamos un ou dous minutos para que evapore o alcohol.
- Deixamos cociñar a lume lento media hora e engadimos as patacas, sal e azafrán.
- Engadimos auga se fai falla e deixamos cociñar 20 minutos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario