5.11.14

Isto é a xungla!

Estes días a clase de lingua castelá está chea de elefantes, tigres, ratos,... A razón é que estamos aprendendo a xogar a "A Xungla", un xogo moi interesante para iniciarse nos xogos de estratexia.
O primeiro que tivemos que facer foi familiarizarnos coas normas do xogo e, para iso, fixemos unha lectura das instruccións e contestamos a unhas preguntas para ver se todos entenderamos as regras. Podedes descargar aquí as instruccións co cuestionario.

Xa estabamos preparados para botar unha partida! Como se trata dun xogo de dous xogadores, puxémonos por parellas e, como só temos un xogo, cada parella fixo as súas fichas e taboleiro partindo duns modelos descargados da web: http://ludotonica.blogspot.com.es/


O que máis lles gustou aos nenos e nenas do noso cuarto foi cando lles tocaba xogar co taboleiro "de verdade". O xogo consta dun taboleiro e fichas de madeira todo feito e pintado á man por Rubén González (rgc), e ata está personalizado para o CEP Brea Segade!



Mirade que ben o pasamos atrapando aos animais na xungla:






1 comentario:

  1. Da gusto facer un xogo para uns rapaces tan xeitosos.
    Ben se ve que por aquí hai moito listo. Eses ratos deberon de comer a moito elefante atrevido que andaba por ahí coma se fose o rei do mundo!

    ResponderEliminar