Este curso tiñamos programado como celebración de Nadal facer unha saída por Taragoña e Araño para cantarlles panxoliñas aos veciños destes dous lugares, pero por mor da chuvia prevista para o venres tivemos que cambiar de plans no último momento e preparar un festival en tempo record.
Ao final, como os nenos e nenas do cole son uns artistas, saiu todo ben e, o máis importante, pasárono xenial cantando e bailando para os compañeiros e as familias.
Os rapaces do quinto pino B tiveron unha chea de actuacións: a canción de Frozen versionada ao noso estilo, cantares de reis, unha canción en inglés, o baile de Bang, bang... Case non se nota que ás profes de 5º B nos encantan os festivais, a que
non? Se parece que o pasamos mellor nós ca eles, e podemos asegurar que
eles o pasan moi ben con todo isto.
En definitiva, hoxe foi un día especial para todas e todos os que formamos parte do Brea Segade, porque grazas á implicación e esforzo conxunto de profes e alumnos, conseguimos facer un festival que, aínda que tivo que ser case improvisado e preparado a correr en pouquísimo tempo, resultou moi divertido..
Agardamos que o disfrutárades tanto coma nós e queremos desexarvos bo Nadal e feliz 2016 a todos e todas!
Andrea e Isa