O chef Breogán ensínanos como facer uns deliciosos
espaguetes con salsa de tomate e carne.
INGREDIENTES:
Espaguetes
Salsa de tomate natural
Carne picada
Allo
Perexil
Sal
ELABORACIÓN:
Antes de nada, adobamos a carne picada con allo e perexil.
A continuación, poñemos a carne nunha tixola con aceite e deixamos que se faga lentamente.
Botamos a salsa de tomate natural e unha area de sal e remexemos ata que estea cociñada.
Nunha ola con auga fervendo e un pouco sal, bótanse os espaguetes e déixanse cocer uns dez minutos.
Cando os espaguetes estean cocidos, escórrense, mestúranse coa carne e a salsa de tomate e xa están listos para servir. Bo proveito!