22.5.15

As receitas do noso cuarto: Raúl

Esta semana Raúl ensínanos como facer outro clásico das nosas cociñas e a estrela dos bocatas de excursión: Bistés de tenreira empanados. Mmmmm, que ricos están!

INGREDIENTES (para 4 persoas):
  • 8 filetes de tenreira duns 100 gr. cada un.
  • 2 ovos
  • pan relado
  • leite
  • aceite
  • sal
 ELABORACIÓN:
  1. Aplastar os filetes para que queden ben finos.
  2. Nunha fonte fonda ou nun bol, bater os ovos e mesturalos cun vasiño de leite.
  3. Poñer o pan relado nun prato.
  4. Poñer a remollo os filetes na mestura de ovo e leite e deixalos 30 minutos para que queden ben impregnados.
  5. Pasado ese tempo, rebozar os bistés no pan relado e fritilos nunha tixola con aceite de oliva moi quente.
  6. Antes de servilos, hai que deixalos nun papel secante para que perdan o exceso de aceite.
E a desfrutar con estes deliciosos bistés de tenreira empanados!

No hay comentarios:

Publicar un comentario