Esta semana Raúl ensínanos como facer outro clásico das nosas cociñas e a estrela dos bocatas de excursión: Bistés de tenreira empanados. Mmmmm, que ricos están!
- 8 filetes de tenreira duns 100 gr. cada un.
- 2 ovos
- pan relado
- leite
- aceite
- sal
ELABORACIÓN:
- Aplastar os filetes para que queden ben finos.
- Nunha fonte fonda ou nun bol, bater os ovos e mesturalos cun vasiño de leite.
- Poñer o pan relado nun prato.
- Poñer a remollo os filetes na mestura de ovo e leite e deixalos 30 minutos para que queden ben impregnados.
- Pasado ese tempo, rebozar os bistés no pan relado e fritilos nunha tixola con aceite de oliva moi quente.
- Antes de servilos, hai que deixalos nun papel secante para que perdan o exceso de aceite.
E a desfrutar con estes deliciosos bistés de tenreira empanados!