Esta semana Íker ensínanos como facer uns deliciosos espaguetes con atún e salsa de tomate. Esta receita seguro que é unha das vosas favoritas. Mirade que sinxela e que rica está!
INGREDIENTES (para 4 persoas):
- Un paquete de espaguetes
- Dúas latas de atún
- Un bote de salsa de tomate
- Sal
- Aceite
- Auga
- Poñer auga nunha tarteira cun pouco sal e un chorro de aceite.
- Cando a auga ferva, botar os espaguetes nela e esperar 10 minutos.
- Escorrer a auga.
- Mesturar o atún coa salsa de tomate.
- Finalmente, incorporar esta mestura aos espaguetes.
Podedes sorprender á vosa familia con este prato, que ademais de rico é saudable. Bo proveito!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario