16.12.14

Á conquista de Carcassonne!

Hoxe imos presentar un dos xogos que temos na aula: Carcassonne. Trátase dun xogo de estratexia ambientado na cidade amurallada francesa do mesmo nome. A cidade de Carcassonne é coñecida polas súas murallas e construccións medievais. Mirade que paisaxe tan fermosa:


O xogo consiste en crear un mapa onde os xogadores compiten por conseguir o maior número de puntos conquistando as mellores posesións (cidades, camiños, monasterios e campos).

O xogo é sinxelo: os xogadores, por turnos, van engadindo unha peza ao mapa da cidade, sobre o que poden colocar unha das súas fichas (sobre un camiño, unha cidade ou un monasterio; pero non se poden poñer fichas nunha construcción que xa ocupa outro xogador). Cando as construccións se completan, o xogador que teña a súa ficha ocupándoa gaña os puntos correspondentes: 1 punto por cada casilla de camiño, 2 por cada casilla de cidade e 9 por cada monasterio.
O xogo remata cando se terminan as pezas de mapa. Entón se reparten o resto dos puntos polas construccións inacabadas: 1 punto por cada casilla de cada tipo. Gaña o xogador con máis puntos.

Aínda estamos aprendendo a xogar, pero ten moi boa pinta. Seguro que imos pasar momentos moi divertidos planeando a nosa estratexia para gañar máis puntos!

1 comentario:

  1. A primeira vez que xoguei a este xogo tiven que explicarlles aos demais como se xogaba, explicar as reglas, dicir os puntos que gañabas porcada camiño, cidade ou templo, etc...

    Miguel Barros Ces.

    ResponderEliminar