Gustariavos saber algo máis sobre o Samaín? Pois poñede atención:
A festa de Samaín
é de orixe celta. Os celtas foron un
pobo que habitou Galicia hai séculos. Para este pobo, a noite do 31 de outubro comezaba o ano. Os celtas
tiñan moito respecto polos mortos e pensaban que nesa noite as ánimas dos mortos voltaban visitar ás
súas familias e que regresaban ás súas casas para
quentarse a carón do lume e comer dos alimentos que con agarimo lles preparaban os parentes.
Outro dos costumes dos celtas era poñer unha luz acesa dentro das caveiras
dos inimigos mortos. Isto, co paso do tempo, deu lugar á tradición existente hoxe en
día de tallar as cabazas e poñer no seu
interior unha candea que brille pola noite.
Se queredes saber máis, aquí tedes unhas actividades sobre o Samaín para aprender xogando:
E lembrade, mañá ímolo pasar de MEDO!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario