29.10.15

SAMAÍN 2015: Mamaíña, que medo!

Hoxe celebramos na escola a festa do Samaín. Foi un día cheo de sustos e risas!
Cando chegamos pola mañá ao cole, aparecera un túnel do terror na entrada e as marabillosas cabazas feitas polos nenos e nenas do Brea Segade tiñan as candeas acesas e alumaban por todo o edificio. Pero, por se iso non fora terrorífico dabondo... O cole estaba cheo de MONSTROS!!!




Despois de correr polo cole fuxindo de monstros, bruxas, esqueletos, zombies e pantasmas, cada curso refuxiose na súa clase, pero nin alí atoparon acougo!


Aparecera unha carta en cada aula que nos informaba de que distintos detectives famosos foran secuestrados e estaban pechados polas clases! Nestas cartas, as propias vítimas dos secuestros pedían axuda aos mellores investigadores e investigadoras de Taragoña para que os rescatasen.

 

En 5º B era Flanagan o que precisaba axuda para ser liberado, así que rapidamente todos se puxeron a buscar pistas sobre o seu paradoiro. Non quedou nin un recuncho da clase sen revisar: mesas, estanterías, ata detrás do encerado foron mirar... E fixeron ben, porque alí atoparon a seguinte pista que debían seguir.




Como bos investigadores, resolveron un montón de enigmas: adiviñas, encrucillados, crebacabezas, mensaxes escritas con tinta invisible... Non se lles pasou unha!





Fixérono xenial e conseguiron dar coa clave numérica e abrir o cadeado que mantiña a Flanagan preso no armario da clase.

Como recompensa por resolver o misterio e liberar a Flanagan recibiron un pequeno agasallo, unhas pegatinas terrorificamente adorables con formas de araña, pantasma, cabaza e gato negro!


Ademais, as profes aínda lles tiñan outra pequena sorpresiña... Unha piruleta de Samaín para cada un!




Como fin de festa, os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º cantaron unha canción en Inglés que prepararan cos mestres Lois e José Luis. Que ben o fixeron!


E por se todo isto non fora suficiente, todo o alumnado de 5º participou nun xogo especialmente feito para eles polo profe Lois. Que sorte teñen estes rapaces!

Agora toca recuperarse de tanto susto. Eu non sei se ousarei volver ao cole... E vós, atrevédesvos a voltar ao noso colexio encantado?


FELIZ SAMAÍN A TODOS E TODAS!!!

30.6.15

En setembro voltamos!



BOAS VACACIÓNS!

Isa e Andrea

Rematamos!

E ata aquí o curso 2014/2015... Os nenos dos nosos cuartos merecen unhas boas vacacións para poder voltar en setembro coas pilas ben cargadas!
Non queriamos despedirnos deste curso sen falar do ben que o pasamos na festa do último día de escola: houbo karaoke, pompas de xabón, globoflexia, pyssla, estoxos, colares, maquillaxe, carreiras... Pero onde máis disfrutamos foi na batalla da auga! Que mágoa non ter fotos dese momento... e que calquera se atrevía a saír coa cámara!



 








Mirade que artistazos tiñamos en cuarto este ano:





As fotos "retro" do noso cuarto

Seguro que máis de un recorda esas fotos que se facían nos colexios hai xa uns anos na que os alumnos/as posaban rodeados de libros e mapas. Os nenos de cuarto B posaron tamén deste xeito para agasallar ás familias con esta bonita postal: