13.5.15

Os talleres do noso cuarto: Scratch



Os nenos e nenas do noso cuarto son tan traballadores... que cando rematan as tarefas de cada área queren seguir aprendendo máis cousas, polo que na aula hai diversos recantos ou talleres nos que poden seguir traballando de xeito máis autónomo.


Un deses talleres é o de "Scratch". Trátase dun entorno de aprendizaxe de linguaxe de programación co cal os rapaces poden comezar a introducirse de maneira sinxela no mundo da programación informática, mediante un sistema visual que lles permite aprender mentres crean animacións ou xogos.



Este curso estamos a traballar cunhas tarxetas de tarefas de dificultade progresiva coas que aprenden a utilizar os comandos básicos do programa.


Se queredes saber máis sobre Scratch e de como pode beneficiar a aprendizaxe dos nenos, visitade a súa páxina web: https://scratch.mit.edu/


5.5.15

Hora de ler: Ainara

LA CASA DEL FIN DEL MUNDO, José María Plaza


"A mí me gusta mucho el libro La casa del fin del mundo. Actúan cuatro personas: David, Cristina, Álvaro y Belén. Siempre lo leo y me encanta un montón."

Ainara Fungueiriño Torres

30.4.15

Spring is in the air! A primavera está no aire!


Aínda que o tempo que vai hoxe non axuda a crer que esteamos na primavera, a verdade é que esta estación está xa con nós, así que, en Plástica, os nenos e nenas de 4º B e 3º fixeron uns fermosos debuxos con acuarelas para decorar os corredores da escola e lembrarnos que xa se respira primavera por todas partes.








Con estas coloridas láminas, despedímonos de vós ata o luns e lembrámosvos que temos por diante unha longa fin de semana. Desfrutade moito destes tres días de descanso e volvémonos ver o luns con moitas ganas de traballar!

28.4.15

As receitas do noso cuarto: Hugo

Hoxe Hugo preséntanos unha receita moi fresca e saudable: unha deliciosa ensalada con moitos ingredientes.

INGREDIENTES:
  • leituga
  • tomate
  • cebola
  • ovo
  • atún
  • cangrexo
  • aceitunas
  • remolacha
  • cenoria
  • pavo
  • queixo

ELABORACIÓN:
  1. Lavar a leituga, o tomate, a cebola, a remolacha e a cenoria.
  2. Relar a cenoria e a remolacha.
  3. Limpar o ovo e cocelo en auga fervendo durante dez minutos.
  4.  Picar o resto de ingredientes.
  5. Mesturar todo nun bol e botarlle aceite, vinagre e sal.
Xa vedes que é unha receita moi sinxela que podedes facer na casa para sorprender aos vosos familiares. Así que animádevos a desfrutar desta deliciosa ensalada!

21.4.15

Monster Madness!

"Brad and Janet's car breaks down on a deserted road in the middle of a storm. There is a light on in the distance. They hear voices and music. They decide to seek help at the sinister-looking castle on top of the hill. Dr Frankenstein is throwing a wild party to celebrate the birth of his latest creation, and he welcomes the young couple into his dark and mysterious abode. He will help them... but at a price."


Acabamos de chegar do Auditorio de Rianxo de ver unha obra en inglés titulada Monster Madness, da compañía de teatro Face 2 Face. Os actores fixérono xenial e ademais subiron ao escenario tamén a algúns nenos/as que facían de zombies, de axudantes do Doutor Frankenstein,... Unha mágoa que non levasen a algún dos nenos/as do noso cuarto, que son uns artistazos!



19.4.15

Hora de ler: Noelia

A nosa biblioteca está a organizar unha exposición no cole con "selfies" dos alumnos/as acompañados de familiares e/ou amigos amosando a portada dun dos seus libros favoritos. A campaña, iniciativa da OEPLI (organización española para o libro infantil e xuvenil), chámase "Nós lemos, e ti?". Animádevos a enviar as vosas fotos!

Os nenos/as do noso cuarto xa teñen algún "selfie" na exposición, pero ademais durante este mes iremos ensinándovos fotos cos libros que rematamos na hora de ler. 

NOELIA: Fairy Oak

"He elegido este libro porque va de que un grupo de amigas que tienen problemas, los resuelven. Y también los dibujos están muy detallados, y entre todo esto me encanta. El libro se llama Fairy Oak."

Noelia Miguéns Castaño


14.4.15

Visita á biblioteca municipal e ao museo de Manuel Antonio

Durante a pasada semana todo o alumnado da escola foi de visita á biblioteca pública de Rianxo para conmemorar que estamos en abril, mes dos libros. Aos nenos e nenas dos nosos cuartos tocoulles o mércores e, para aproveitar a viaxe, fomos tamén ao museo de Manuel Antonio.


No museo aprenderon un montón de cousas interesantes sobre o poeta Manuel Antonio. Que atentos estaban ás explicacións de Rebeca!


E parece que a poesía abre o apetito, porque despois de visitar o museo fomos merendar ao parque e xogar un ratiño.




Na biblioteca de Rianxo, Sofía contoulles o relato de Rafael Dieste "De como veu a Rianxo unha balea", incluído no libro "Dos arquivos do Trasno". Despois de atender á historia, escribiron unha noticia na que explicaron como acontecera tal feito.



Finalmente, tiveron un anaco para mirar os libros novos da biblioteca. Que ganas tiñan de collelos e botarlles unha ollada!