1.2.15

Así foi o Día da Paz

O pasado venres celebramos na escola o Día da Paz e, por iso, os nenos e nenas dos noso cuartos pintaron unhas láminas que quedaron así de alegres e coloridas. Estes días están expostas na planta baixa do cole para recordarnos a importancia da paz, non só no día no que se conmemora, se non en todos os aspectos da nosa vida cotiá.



Ademais, fixeron uns colgantes con pyssla que lles quedaron moi estilosos. Había dous modelos para escoller, un corazón ou un símbolo da paz, cal vos gusta máis? Eles tivérono claro e mesmo fixeron un colgante para eles e outro como agasallo para sorprender á persoa que elixiron. Sorprendéronvos na casa?




Despois do recreo tivemos un acto no auditorio para todo o alumnado e profesorado do centro. Nenos e nenas de todos os cursos representaron unha obra de teatro sobre os dereitos da infancia. Nesta obra participaron Ramón, Sandra e Miguel de 4º B e fixérono de marabilla, coma sempre!

Despois, os profes José Luis e Alma con alumnos da escola interpretaron unha peza musical que nos encantou e, por último, todos os rapaces e rapazas colocaron xuntas as figuras de origami feitas ao longo da semana. Houbo lapis, grúas, pombas..., todas para representar a importancia da paz, pilar básico sobre o que se deben sustentar a convivencia e a educación.






28.1.15

Origami

Origami ou papiroflexia son os nomes cos que se coñece unha arte de orixe xaponés que consiste en dobrar papel para facer figuras de formas moi diversas.
Estes días no cole andamos todos facendo figuriñas de papel para a conmemoración do Día da Paz.


Os rapaces e rapazas do noso cuarto estiveron facendo estas pombas tan xeitosas.


Ademais, Miguel ensinounos un libro sobre papiroflexia que lle trouxeron os Reis e ensinounos a facer un porco. Que divertido é facer origami!


27.1.15

The aliens have arrived!

Chegaron os aliens! Os nenos e nenas de 4º B remataron os seus extraterrestres e xa os temos expostos no 1º andar.

 

Aliens have arrived! Pupils from 4º B finished their aliens and displayed them on the first floor.




26.1.15

Mario está mellor que nunca!

O mural de Súper Mario que tenemos no noso cuarto volve estar espectacular grazas aos traballos de restauración de Ainara e Sandra.



Todas as grandes obras de arte, co paso do tempo, necesitan uns retoquiños para volver lucir coma o primeiro día, e o noso mural non é unha excepción. Antes da restauración, o mural, en palabras da propia Ainara, "estaba que daba pena", pero mirade que ben está agora, da gusto velo!

16.1.15

The aliens are coming!


Hoxe en Plástica visitáronnos os aliens! Laura contoulles un conto en inglés sobre extraterrestres e despois cada un tivo que deseñar o seu propio extraterrestre e describilo tamén en inglés, por suposto!


Today the aliens visited us in Arts and Crafts! Laura told them a tale about aliens in English and then, each pupil draw and described their own alien in English too, of course!


14.1.15

Filloas de chocolate

Hoxe traémosvos unha receita doce por cortesía de Elena:

FILLOAS DE CHOCOLATE


 
Ingredientes:
  • ovos
  • fariña
  • auga
  • sal
  • mel
  • chocolate fundido
  • nata montada
Elaboración:
  • Batemos os ovos
  • Botamos auga e sal e un pouco mel.
  • Engadimos a fariña e mesturamos todo ata que quede unha mestura fina.
  • Botamos unha cullerada desta mestura nunha tixola untada cun pouco aceite, dámoslle a volta, sacámola e poñémola nun prato.
  • Botamos o chocolate fundido por enriba e dobramos a filloa.
  • Servímola con nata ao lado.

9.1.15

Estamos de volta!

Acabáronse as vacacións e voltamos á escola con algo de sono pero con ilusións e enerxías renovadas para seguir mellorando e aprendendo moitas cousas novas durante o 2015.
Estou segura de que todas e todos vides con moitas ganas de estudar, non si?