Aínda que o tempo que vai hoxe non axuda a crer que esteamos na primavera, a verdade é que esta estación está xa con nós, así que, en Plástica, os nenos e nenas de 4º B e 3º fixeron uns fermosos debuxos con acuarelas para decorar os corredores da escola e lembrarnos que xa se respira primavera por todas partes.
30.4.15
Spring is in the air! A primavera está no aire!
Aínda que o tempo que vai hoxe non axuda a crer que esteamos na primavera, a verdade é que esta estación está xa con nós, así que, en Plástica, os nenos e nenas de 4º B e 3º fixeron uns fermosos debuxos con acuarelas para decorar os corredores da escola e lembrarnos que xa se respira primavera por todas partes.
28.4.15
As receitas do noso cuarto: Hugo
Hoxe Hugo preséntanos unha receita moi fresca e saudable: unha deliciosa ensalada con moitos ingredientes.
INGREDIENTES:
- leituga
- tomate
- cebola
- ovo
- atún
- cangrexo
- aceitunas
- remolacha
- cenoria
- pavo
- queixo
ELABORACIÓN:
- Lavar a leituga, o tomate, a cebola, a remolacha e a cenoria.
- Relar a cenoria e a remolacha.
- Limpar o ovo e cocelo en auga fervendo durante dez minutos.
- Picar o resto de ingredientes.
- Mesturar todo nun bol e botarlle aceite, vinagre e sal.
Xa vedes que é unha receita moi sinxela que podedes facer na casa para sorprender aos vosos familiares. Así que animádevos a desfrutar desta deliciosa ensalada!
21.4.15
Monster Madness!
"Brad and Janet's car breaks down on a deserted road in the middle of a
storm. There is a light on in the distance. They hear voices and music.
They decide to seek help at the sinister-looking castle on top of the
hill. Dr Frankenstein is throwing a wild party to celebrate the birth of
his latest creation, and he welcomes the young couple into his dark and
mysterious abode. He will help them... but at a price."
Acabamos de chegar do Auditorio de Rianxo de ver unha obra en inglés
titulada Monster Madness, da compañía de teatro Face 2 Face. Os actores fixérono xenial e ademais subiron
ao escenario tamén a algúns nenos/as que facían de zombies, de axudantes
do Doutor Frankenstein,... Unha mágoa que non levasen a algún dos
nenos/as do noso cuarto, que son uns artistazos!
19.4.15
Hora de ler: Noelia
A nosa biblioteca está a organizar unha exposición no cole con "selfies" dos alumnos/as acompañados de familiares e/ou amigos amosando a portada dun dos seus libros favoritos. A campaña, iniciativa da OEPLI (organización española para o libro infantil e xuvenil), chámase "Nós lemos, e ti?". Animádevos a enviar as vosas fotos!
Os nenos/as do noso cuarto xa teñen algún "selfie" na exposición, pero ademais durante este mes iremos ensinándovos fotos cos libros que rematamos na hora de ler.
NOELIA: Fairy Oak
"He elegido este libro porque va de que un grupo de amigas que tienen problemas, los resuelven. Y también los dibujos están muy detallados, y entre todo esto me encanta. El libro se llama Fairy Oak."
Noelia Miguéns Castaño
14.4.15
Visita á biblioteca municipal e ao museo de Manuel Antonio
Durante a pasada semana todo o alumnado da escola foi de visita á biblioteca pública de Rianxo para conmemorar que estamos en abril, mes dos libros. Aos nenos e nenas dos nosos cuartos tocoulles o mércores e, para aproveitar a viaxe, fomos tamén ao museo de Manuel Antonio.
No museo aprenderon un montón de cousas interesantes sobre o poeta Manuel Antonio. Que atentos estaban ás explicacións de Rebeca!
E parece que a poesía abre o apetito, porque despois de visitar o museo fomos merendar ao parque e xogar un ratiño.
Na biblioteca de Rianxo, Sofía contoulles o relato de Rafael Dieste "De como veu a Rianxo unha balea", incluído no libro "Dos arquivos do Trasno". Despois de atender á historia, escribiron unha noticia na que explicaron como acontecera tal feito.
Finalmente, tiveron un anaco para mirar os libros novos da biblioteca. Que ganas tiñan de collelos e botarlles unha ollada!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)